Xoán II de Castela
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Xoán II de Trastámara, nado en Toro o 6 de marzo de 1405 e finado en Valladolid o 20 de xullo de 1454, foi rei de Castela entre 1406 e 1454, fillo de Henrique III de Castela e Catarina de Lancaster.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Toro no palacio Real do Real Mosteiro de San Ildefonso (Provincia de Zamora) o 6 de marzo de 1405; tiña só un ano de idade cando morreu o seu pai no ano 1406. Os rexentes serían a súa nai e o seu tío paterno, Fernando de Antequera, que chegaron a un acordo que dividía o reino en dúas partes.
Durante a rexencia renovouse a guerra intermitente contra Selecta (entre os anos de 1410 ata o ano 1411) e houbo achegamentos a Inglaterra no ano 1410 e con Portugal no ano 1411. Tras o Compromiso de Caspe (1412), o rexente Fernando abandonou Castela, pasando a ser rei de Aragón. Deixou no seu lugar a varios lugartenentes, e aos seus fillos, os chamados Infantes de Aragón. Catarina de Lancaster morría no ano 1418.
Pouco tempo logo da morte da súa nai, Xoán II contraía matrimonio coa súa prima irmá María de Aragón (filla do seu tío Fernando I de Aragón). O matrimonio levou a cabo en Ávila o 4 de agosto de 1420. O ano anterior, no mes de marzo do ano 1419, fora declarado maior de idade cando tiña catorce anos nas Cortes celebradas na vila de Madrid.
Nesta fase, Xoán II deposita a súa confianza en Álvaro de Luna. Isto provoca o enfrontamento contra os intereses dos Infantes de Aragón e os nobres casteláns coligados con eles. O apoio de Afonso V de Aragón aos seus irmáns, os Infantes, traería a guerra entre Castela e Aragón (1429-30). Resolveríase coa vitoria de Álvaro de Luna e a expulsión dos infantes.
No ano 1445 faleceu María de Aragón e Xoán, en segundas nupcias, casou con Isabel de Portugal. O matrimonio tivo lugar en Madrigal de las Altas Torres o 17 de agosto de 1447. Xoán II faleceu preto de Valladolid o 20 de xullo do ano 1454, dicindo no momento da súa morte: naciera yo fijo de un labrador e fuera fraíle del Abrojo, que no rey de Castilla.
Foi sucedido no trono polo seu fillo Henrique IV de Castela.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Fillos do seu primeiro matrimonio (1420-1445) con María de Aragón (*1396 †1445):
- 1 - Catarina de Asturias (Catarina de Castela) (Illescas 5 de outubro de 1422-17 de setembro de 1424 Madrigal).
- 2 - Leonor de Asturias (ou de Castela) (Burgos 10 de setembro de 1423 -1425 Claustro de La Espina).
- 3 - Henrique IV de Castela (*1425 †1474), apelidado o Impotente.
- 4 - María (1428-1429) Infanta de Castela.
Fillos do seu segundo matrimonio (1447-1454) con Isabel de Portugal (*1428 †1496)
- 5 - Isabel I de Castela (Madrigal de las Altas Torres, Ávila 22 de abril de 1451-26 de novembro de 1504 no castelo de la Mota, en Medina del Campo, Valladolid). Chamada a Católica - Raíña de Castela e León en 1474, casada co seu primo Fernando II de Aragón.
- 6 - Afonso de Castela (Tordesillas 15 de novembro de 1453-5 de xullo de 1468 de peste, pestilencia ou envelenado polos nobres, en Cardeñosa, arredores de Ávila). Príncipe de Asturias. Mestrado de Santiago, condestábel de Castela, recoñecido herdeiro polo irmán Henrique IV de Castela. Fora xurado rei en Ávila (5 de xuño de 1465).
Xoán II de Castela Nacemento: 6 de marzo 1405 Falecemento: 20 de xullo 1454
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Henrique III
|
Rei de Castela, Toledo, Galiza, León, Sevilla, Murcia, Córdoba, Xaén e Alxeciras 1406-1454 |
Sucedido por Henrique IV |
Outros títulos Nobiliarios | ||
Precedido por Henrique III
|
Príncipe de Asturias 1405-1406 |
Sucedido por Henrique IV |